📰 Comunicación

artigos publicados

📝La otra cara emprendedora de Ferrol – agosto 2020 – La Voz de Ferrol

📝Teremos que entender e repensar a escola doutra maneira, pero para ben – agosto 2020 – La Voz de Ferrol

📝La nostálgica y resistente presencia del fotomatón – agosto 2020 – La Voz de Ferrol

📝Las instantáneas del olvido – julio 2020 – La Voz de Ferrol

📝Egoland :: O reality fragmentado – enero 2021 – Revista Morcego

📝Ruína dixital :: Como nos relacionamos co pasado? – febrero 2021 – Revista Morcego

📝Os videoxogos xornalísticos :: É posíbel informar xogando? – junio 2021 – Revista Morcego

📝A gastronomía nos videoxogos :: Do acto de comer ao gozo da cociña – septiembre 2021 – Revista Morcego

📝Te pregunto que quién eres – febrero 2021 – Revista Purgante

📝La ría de Ferrol: media vida enferma e industrializada – mayo 2021 – CTXT

📝Xacobeo 21-22: o mito que queremos contar ó mundo? – noviembre 2021 – Carretando

pódcast

2026-Carretando-imaxe de equipo do podcast

Un proxecto que toma como base a política galega para facer un xornalismo interpretativo, lento e traballado. Esa é a premisa detrás de Carretando, o pódcast que cofundamos Carmen del Río, Román Varela, Adrián Vázquez, Yannick Juncal, Julio Iglesias e eu en 2020 até 2024. Un grupo de xornalistas e politólogos que entendían que a política galega ben merecía un tipo de contidos reposados, que mirasen ao pasado para entender o presente.

Carretando axudounos, por exemplo, a loitar contra as circunstancias xeracionais que nos rodeaban: un mercado laboral case sempre en solitario e unha esfera mediática que precisaba (e precisa) dun xornalismo máis conectado que nunca coa veracidade, o análise, a lentitude e a subxectividade.

com. institucional

Gran parte da miña carreira profesional está vencellada á xestión da comunicación institucional en contornas municipais. A entender como se articula un concello dende a xeración de contidos: temas, procesos de traballo, formatos dixitais… e como todo iso se vincula coa apertura da administración á veciñanza.

Durante case 6 anos, formei parte do Gabinete de Alcaldía, Protocolo e Prensa do Concello de Ares. Iso levoume a mirar máis que nunca ás institucións locais como unha sorte de titáns en movemento.  Desa experiencia aprendín a relevancia do slow content, da reutilización dos contidos e da análise dos procesos de traballo. 

Mais o meu vínculo coa comunicación vai máis aló diso. Podes botarlle unha ollada xusto aquí embaixo 👇 

imaxe de arquivo-escritorio gabinete de alcaldia e prensa do Concello de Ares-pablo j rañales