Ola! Benvido, benvida ou benvide. Quizais foi unha casualidade dixital, ou unha curiosidade, ou incluso chegaches cunha intención clara. Sexa como for, a túa aventura comeza e conclúe ao mesmo tempo aquí, no cubículo de Pablo. Aproveita para navegar un pouco: atoparás algunha cousa autobiográfica, pero tamén moitos contidos relacionados coa comunicación e a literatura. Diso falo. Iso é o que me gusta. E tes un oco.
Fotografía de autor: Alicia Seoane.
Son Pablo J. Rañales, un xornalista e escritor que se está especializando en narrativas dixitais. Interésanme as novas formas de narrar, de contarnos, de entendernos: redes sociais mesturadas con algúns elementos máis literarios. O vello e o novo. O clásico e o viral.
Neste sitio web poderás saber máis de min, pero tamén atoparás técnicas narrativas, debates contemporáneos sobre comunicación dixital e mesmo algo de información sobre as miñas obras.
publicacións
Os afogados
Unha primeira novela en galego. Unha obra de ciencia ficción que fala da da relación coa natureza e do agarimo como motor do noso tempo.
Contrapuntos V
Un primeiro relato internacional. Amor imperfecto, dentro da colección de Contrapuntos, é un xogo experimental sobre o querer e o obsesionarse.
La Narrativa de Suspense
Un primeiro manual literario. Autopublicado cos compañeiros do Círculo de Ares, serve como recopilatorio de técnicas narrativas de misterio e suspense.
entrevistas e colaboracións
Unha pequena selección de tres conversas agradables sobre escrita e tres textos propios publicados en medios de comunicación.
Cadena SER Ferrol: Conversación en el Hoy por Hoy con Raúl Salgado.
La Voz de Ferrol: «La vocación de contar buenas historias hermana al periodismo y a la literatura»
Médium del periodista Jorge Riveiro:<<El trabajo literario no es otra cosa que arar, arar y arar>>
CTXT: La ría de Ferrol: media vida enferma e industrializada
Revista Morcego: Os videoxogos xornalísticos :: É posíbel informar xogando?
Revista Purgante: Te pregunto que quién eres
blog
O estado da ciencia ficción galega, pílulas didácticas de narrativas ou reflexións sobre as nosas identidades dixitais: esos son algúns dos artigos que poderás atopar se pasas polo blog. Haberá panorámicas de…
- O impacto das redes sociais no noso día a día.
- Debates sobre o emprego das intelixencias artificiais en procesos creativos até o de agora só humanos.
- Técnicas narrativas de escritura creativa e redacción dixital.
- Reflexións sobre a industria editorial.
- Recensións literarias.
pódcast
En 2021, uns cantos xornalistas e politólogos galegos xuntámonos cunha idea clara: crear un espazo que servise para entender a política galega dende a divulgación e a interpretación xornalística. De aí xurdiu Carretando, un dos poucos pódcasts en galego especializados na política autonómica. Contidos lentos, repousados, con moito contexto, para entender o pasado e presente da política en Galicia. Xusto enriba deste texto encontrarás algúns dos temas da nosa segunda tempada